epespad

Os Sentimentos

Os sentimentos

Nas seguintes línes tentarei de dar cabida a unha visión máis ou menos acertada do que son na miña opinión os sentimentos.

Dende un punto de vista estrictamente teórico os sentimentos non son máis que as impresións que causan na nosa mente os acontecementos do día a día, dende o odio máis pueril ata o amor máis profundo.

A historia nunca ha didado de otorgarlle os sentimentos outras responsabilidades, como a de afirmar que a especial condición da que goza o ser humano deríva principalmente de haber sido dotado de razón e sentimentos, sendo esta afirmación ao meu xuízo, equívoca e pecando dunha completa irracionalidade, posto que ¿quen pode afirmar que esta suposta especial condición estará sempre vixente no resto do universo, sen ter en conta os acontecementos que seguro terán lugar nun futuro a largo plazo?

Dende que pisaron a nosa mente os sentimentos fixeron correr ríos de tinta e de sangue, e foron os artífices de grandes obras e feitos, que sen eles nunca se terían levado a cabo, e pensemos tamén que son o motor que se atopa detras de practicamente todas as accións que realizamos, pero non debemos xeneralizar posto que alguns sentimentos e emocións so contan con unha función: a de envaucar con mentiras e enganos ao noso irracional egocentrismo.

As veces subestimamos o poder destas mentiras pero debemos recordar que son capaces de levanos ata o éxtasis ou en moitas ocasións de arrastranos o inferno.

Estas continuas mentiras camufladas de sentimentos foron xa demasiadas veces causantes de ira e dor, motivo xa en demasiadas ocasións de desgrazas tanto individuales coma colectivas, e son estas peas as que empuxan a persoa a facerse unha pregunta a si mesma ¿cando torná en sombra o sentimento que ilumea a nosa existencia? A resposta estará sempre no noso camiño , e sobretodo nas pegadas que deixamos ao pasar.


Black Phanter

0 comentarios - Os Sentimentos